Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando as diversas opinións sobre aos temas tratados, tanto da parte do profesorado coma do estudanado.

3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.