Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO
A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.
A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL
A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:
· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.
· A demanda, previa solicitude por correo electrónico.