Metodoloxías Descrición
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolverá a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Prácticas a través de TIC Actividades prácticas que consistirán na aplicación dos contidos teóricos da materia mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Empregarase software específico para a realización de estudos bioestatísticos ou epidemiolóxicos.
Solución de problemas Plantexarase a resolución de situacións prácticas concretas, a partir dos coñecementos traballados na materia
Traballos tutelados Traballos onde se reflicta o dominio teórico-metodolóxico da materia. Os traballos solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
Sesión maxistral Estudio dirixido a través de material multimedia, baseado na exposición dos coñecementos teóricos da materia apoiandose no uso de medios audiovisuais
Proba de resposta múltiple Cuestionarios de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas co propósito de controlar a evolución na materia
Estudo de casos Exposición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por os/as alumnos/as. Plantexaranse problemas concretos en relación cos contidos da materia que describan unha situación real e describirase o proceso de resolución.