Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora dos contidos temáticos recolleitos na Guía Docente da materia. Formularanse preguntas ás/as alumnas/os que faciliten a aprendizaxe e estimulen a atención.
Discusión dirixida
Durante as clases prácticas abordarase o estudo de casos reais conectados cos temas teóricos que se estean explicando nas clases maxistrais. Estes abordaranse seguindo as metodoloxías máis recoñecidas en materia de ética biomédica. Terase tamén en conta o enfoque narrativo a través dunha actividade de cinefórum e o comentario dun texto literario.





Traballos tutelados O obxectivo desta actividade é fomentar a aprendizaxe autónoma por parte do estudante, fóra do ámbito das aulas. As/os alumnas/organizaranse en grupos. Cada grupo analizará, discutirá e presentará oralmente e por escrito os documentos asignados pola profesora.
Presentación oral Os alumnas/os presentarán en grupo, diante do resto da aula o resultado dos traballos tutelados.
Proba de ensaio
O exame constará dunha serie de preguntas que se corresponderán cos contidos do programa. A duración do exame será de 2 horas.