Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno (Inglés) | Código | 653G01201 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A28 A30 B31 C2 C3 | O alumnado realizará diversas tarefas prácticas ao longo do curso. | 20 |
Proba mixta | A28 A30 B20 | No exame oficial de maio-xuño, todo o alumnado realizará unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. | 60 |
Glosario | A28 A30 B31 B20 | O alumnado creará un glosario con terminoloxía propia da disciplina e realizará unha presentación oral do mesmo. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, glosario e proba práctica) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. OPORTUNIDADE de XULLO: No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, debernse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: glosario e presentación oral (20), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (20%). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA: Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Atención á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao Igualdade de XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |