Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Saídas de campo
Simulación
Descrición
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:

- Saídas de campo e simulación (prácticas): poderán realizarse en dúas modalidades;saídas e traballo tutelado con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.

- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos estudos de caso.

A finalidade é apoiar o traballo que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade programada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
E dicir, a atención personalizada farase globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, indvduais e/ou grupais.

O equipo docente da materia estará dispoñible no despacho do centro ou virtualmente a través da ferramenta Teams, dacordo ás circusntancias específicas. O horario e formato serán comunicados ao alumnado ao inicio da materia.