Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 'V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)', os traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

- De realizarse en papel: 

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara. 
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a realización de borradores. 

2.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.