Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia ocupacional, diversidade funcional e calidade de vida | Código | 653G01413 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que aw levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. Permite adquirir competencias de inicio e adaptación referidas a esta materia. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un(ha) docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Permite adquirir as competencias específicas apuntadas nesta materia. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do equipo docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |
Aprendizaxe servizo | Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contido e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de conseguir determinadas competencias propias da titulación en que se enmarca esa materia. Permite adquirir as competencias específicas apuntadas nesta materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. Permiten adquirir as competencias específicas apuntadas nesta materia. |