Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 B20 B21 B22 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 O alumnado levará a cabo diversos traballos en grupo relacionados coa materia. Estudante entregará o traballo nunha data anterior ao examen da primeira oportunidade, que se indicará ao comezo do curso. Este traballo prantexase tomando como base as actividades de carácter teórico-práctico na aula. 30
Sesión maxistral A1 A2 A5 A6 A11 A16 A18 A19 A21 A26 A32 A33 A35 B8 Asistencia e participación nas sesións teóricas. 10
Proba obxectiva A18 A21 A26 A32 A33 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple con erros penalizadores (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
O alumno deberá superar a proba obxetiva para aprobar a asiñatura.
60
 
Observacións avaliación

REQUISITO ASISTENCIA: Para poder ter acceso á Avaliación Continua é requisito indispensable a asistencia ás clases da materia, actuando como interruptor para a avaliación a ausencia  a máis de 3 clases sen xustificación. Para o control de asistencia utilizaranse os medios ao dispor do profesorado e do alumnado e, especialmente, o  sistema establecido no moodle. O estudante con todo poderá presentarse á proba obxectiva na data prevista


Avaliación 1a Oportunidade.

No desenvolvemento da parte práctica (traballo/proxecto en equipo) (40% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica.

Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida no traballo/proxecto) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.

En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.

PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.