Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O estudantado realizará e presentará o traballo tutelado por parellas, grupos de tres ou individualmente segundo se consensúe coa docente da materia. Na presentación do traballo, a cal é obrigatoria, deberán responder ás preguntas realizadas pola docente e o resto do alumnado presente. Á presentación oral do traballo tutelado asignaráselle una puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado.
Para a avaliación da presentación oral terase en conta a capacidade de resposta, a xestión do tempo, a estrutura da exposición, o formato e a explicación dos contidos.

Ao traballo tutelado asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado.
Criterios de avaliación do traballo tutelado:

1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos
50
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia.
O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación.
50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas.

Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados.

Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.