Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o/a alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. Farase seguemento e control dos traballos tutelados nas titorías.
Proba mixta Exame mixto de dúas partes: test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia.
Estudo de casos Visionado de películas ou audiovisuais e traballos de clase que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será plantexada e debatida nos seminarios (clases interactivas).
Lecturas Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será plantexada e debatida nos seminarios (clases interactivas).