Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución ao Turismo | Código | 662G01009d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 A4 A5 A6 A7 A8 A19 A23 A27 B1 B2 B4 B5 B7 C4 C5 C6 C8 | Participación en foros, discusións e outras actividades colaborativas propostas | 10 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 | Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, dunha proba mixta (que podrá ser oral ou escrita, a criterio do profesor/a) que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas. En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación |
60 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A14 A19 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | Durante o curso, establecerase a realización de tantos exercicios como o profesor/a considere oportunos, que se entregarán vía Moodle oun correo electrónico (según o profesor indique en cada caso) e que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo (a parte escrita entregarse vía correo electrónico ó profesor e a parte oral, que non poderá superar os 20 minutos, entregarase adxuntando na parte escrita un enlace a un vídeo pregravado polo alumno/a) sobre un caso ou tema aprobado polo profesor/a con no que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización). Na avaliación continua teranse en conta igualmente aqueles traballos realizados durante o curso e para os que o profesor/a houbese indicado que son avaliables -como comentarios, exercicios ou procuras propostas polo profesor/a, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc.; sempre explicando a súa conexión coa materia. |
20 |
Solución de problemas | A1 A5 A7 A8 A14 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C6 C7 C8 | Resolución de problemas expostos en Moodle como complemento ás clases, para asegurar a comprensión de conceptos | 10 |
Observacións avaliación | |||
As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor/a engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas. A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua, onde se valora o traballo realizado ao longo do curso, e Proba ou Exame Final Para poder facer o cómputo final, é necesario superar polo menos o 50% da cualificación en cada unha das 2 partes anteriormente descritas (avaliación continua e proba final). O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación. A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta (que poderá ser oral ou escrita, a criterio do profesor/a) que se realizará na data oficialmente establecida e que computará o 100% da materia. O traballo será presentado e defendido tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial. Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable. Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta. O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordo coa normativa vixente. ______________________________________________________________________________________________________________ As datas, horarios e lugar de realización
HONRADEZ ACADÉMICA Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos. Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0. Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo. REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. PERSPECTIVA DE XÉNERO Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |