Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A partir dos temas abordados nas sesións maxistrais propoñerase a realización de traballos que consistirá na analise dunha empresa turística. Ao inicio da materia daranse as directrices precisas.
O traballo desenvolverase polo alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionen a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.



Sesión maxistral Explicaranse os contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, medios audiovisuais e cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Estudo de casos As actividades de estudo de casos tratarán sobre situacións reais centradas no ámbito turístico. Deste xeito, o alumno aplicará os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais mediante a participación activa e alcanzará un maior coñecemento da realidade. Para valorar a asistencia ás clases, as devanditas actividades poden ser realizadas en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado.
Esta metodoloxía pode sustituirse por ApS, de ser posible.
Presentación oral Expondranase en grupo na aula un tema/epígrafe de teoría asignado polo docente.
Proba mixta Realización dun exame final a través dunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos na aula (test de respuesta múltiple e dúas preguntas cortas)