Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e consignas de traballo.
Sesión maxistral As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos linguísticos e culturais necesarios para desarollar as competencias estudadas.
Glosario O alumnado terá que estudar de forma autónoma as diferentes listas de vocabulario que aparecen nas " Situations" estudadas.
Obradoiro Os obradoiros coinciden na sua temporalidade cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar, de forma individual, diversas actividades escritas.
Presentación oral O alumnado terá que realizar unha ou varias actividades orais individuais e de forma presencial ao longo do curso nas clases prácticas ou "obradoiros".
Proba mixta Exame escrito presencial centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e léxicos do alumnado así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación que foron abordadas ao longo do curso.