Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de Estados Financeiros | Código | 662G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba de resposta breve | O exame incluirá problemas para que o alumnado responda a preguntas teóricas de resposta curta e/ou preguntas sobre o estudo de casos relacionadas coa materia. |
Resumo | Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de tantos resumos como considere o profesor. As temáticas para analizar serán seleccionadas de modo que estas sexan útiles como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor. |
Solución de problemas | O alumnado terá que resolver as situacións problemáticas concretas, a partir dos coñecementos que se traballaron en clases. Esas actividades serán propostas ao longo do curso e poderán ser resolvidas presencialmente en clases ou con traballo autónomo do alumnado. |
Sesión maxistral | Nesa actividade traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introducción de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construcción de coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades. |
Aprendizaxe servizo | Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade. O docente propoñerá os temas do traballo e o alumnado terá que dar solución seguindo as instrucións en clases. |
Proba obxectiva | A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta. |