Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e consignas de traballo.
Sesión maxistral As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos lingüísticos e culturais necesarios para a desenvolver as competencias estudadas.
Glosario Ademais do vocabulario complementario, o alumnado terá que estudar de forma autónoma as diferentes listas temáticas de vocabulario que aparecen nas " Situations" estudadas.
Obradoiro As clases prácticas ou "obradoiros" coinciden no sua temporalización cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar, de forma individual, diversas actividades escritas. As pautas serán explicadas en clase.
Presentación oral O alumnado terá que realizar unha ou varias actividades orais individuais e de forma presencial ao longo do curso nas clases prácticas ou "obradoiros".
Proba mixta Exame escrito centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e léxicos do alumnado así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación que foron abordadas ao longo do curso e os traballos.