Metodoloxías
Proba oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada dependerá da metodoloxía empregada e das necesidades do alumnado. Realizarase de xeito conxunto na aula e tamén de maneira individual.

Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesorado responderá e orientará ao alumnado de cara á devandita proba.

Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso.

Ao final do curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Ademais, o alumnado pode, en calquera momento, solicitar unha titoría para tratar calquera dúbida ou dificultade que atope ao longo do curso.