Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas e exposicións orais complementadas co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó alumnado as bases fundamentais dos coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Como complemento ás clases expositivas e interactivas, e có obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
Proba obxectiva Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico