Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A18 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B10 C3 C8 Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico.

Esta proba poder ser sustituida por diferentes probas individuais que se realizarán durante o curso a modo de evaluación continua.
30
Traballos tutelados A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Como complemento das clases expositivas e das interactivas, e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado. 70
 
Observacións avaliación

1. Avaliación . Para superar a materia o alumnado terá dúas oportunidades: 


- Primeira oportunidade – Na primeira delas será avaliado polos resultados dos traballos individuais e grupais do taller. No caso de non superar os individuais deberá presentarse á proba mixta de tipo teórico-práctica según o calendario oficial (Xaneiro).

 - Segunda oportunidade – no caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade o almuno poderá facer uso da segunda oportunidade, según calendario oficial, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctica. 

2.- Convocatoria adiantada. Os alumnos que teñan dereito á oportunidade adiantada deberán presentarse a unha proba mixta de tipo teórico-práctica nas datas que estableza o calendario académico.

3.- Calificación de non presentado.

Non entregar os traballos grupais nas datas designadas implica unha calificación de “Non presentado” 

4.- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

A asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académicade exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIMEDE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e4.5) (29/5/212). 


Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data. 

O resto de regras que non entren en contradición coas anteriores seranlles de aplicación do mesmo xeito que ó resto de estudantes.  

Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Plaxio. No relativo ao plaxio
se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades.