Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
Realizaranse titorías individualizadas nas que se abordarán dúbidas, interpretacións e outras cuestións relacionadas cos contidos da materia e do traballo.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas destinadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI). /alumnos de apoio/); no seu defecto, coa titora de ADI da Facultade de Humanidades.