Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explícanse os contidos teóricos, as bases e fundamentos da materia.
Prácticas a través de TIC Realízanse prácticas en clases utilizando de computadores para o manexo de fontes de información, procura documental, etc.
Análise de fontes documentais Estúdanse e analizan os documentos para profundar os contidos aprendidos na sesión maxistral e para ter unha base para o desenvolvemento de todas as metodoloxías.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Actividades iniciais Actividade que serve como introdución á disciplina. De carácter práctico.
Foro virtual Debátense temas de interese da materia. O mesmo realízase no espazo da plataforma virtual de aprendizaxe.