Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesorado. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos/as alumnos/as que deben entregar, periodicamente e no prazo estipulado, á profesora coas distintas actividades propostas. Debido á natureza da materia o alumnado traballa especialmente en exercicios prácticos de catalogación.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado.