Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Aprendizaxe centrado no alumnado e baseado no traballo presencial en grupo sobre materiais proporcionados polo profesor, onde estudantes con diferentes niveis de habilidade empregarán actividades de aprendizaxe colaborativa para mellorar o coñecemento da materia. Os exercicios serán de comprensión gramatical e de interpretación básica de documentos de fondo antigo. O alumnado deberá entregar por escrito as respostas.
Lecturas Lectura por conta do estudiante de textos de carácter académico achegados polo profesor. Estes textos permitirán completar a formación das aulas e serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliables.
Proba obxectiva Exercicios individuais escritos de carácter teórico-práctico sobre as cuestións desenvolvidas durante o curso.
Sesión maxistral Exposición polo profesor de contidos relativos a cada un dos temas con apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital e de presentacións en powerpoint.