Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B10 C4 Examen da materia con preguntas a desenvolver de historia antiga (30 % da nota) e historia medieval (30 % da nota). 60
Análise de fontes documentais A10 B3 B1 Entrega por escrito dun comentario de 4 fragmentos de textos históricos: 2 de historia antiga (20 % da nota) e 2 de historia medieval (20 % da nota). 40
 
Observacións avaliación

A avaliación continua consiste na realización de análise de fontes históricas (40% da nota final, que se corresponde cun 10% por cada comentario realizado). A avaliación continua inclúe un exame de preguntas obxectivas (60% da nota final: 30 % de historia antiga y 30 % de historia medieval). Haberá ter polo menos un 5 neste exame para facer media coas notas dos comentarios de textos históricos. 

Os alumnos que decidan non presentarse a avaliación continua poderán presentarse ao exame final en primeira convocatoria no horario e data previsto pola Xunta de Facultade. Os alumnos que non superen a avaliación continua durante o curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán de presentarse ao exame final da segunda convocatoria no horario e data previsto pola Xunta de facultade. O exame consistirá nunha proba de preguntas obxectivas. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024. 

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.

Aos estudantes a tempo parcial aplicaráselles o art. 7.3 da normativa de avaliación da UDC. 

En caso de plaxio aplicarase o art. 14.4 da normativa de avaliación da UDC.