Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 C11 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudante e o/a titor/a profesional deberán presentar os seus informes ó titor/a académico, sendo esta última persona a que porá a nota do/a estudante.
100
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter entregado o proxecto formativo, o informe profesional e a memoria final de prácticas correctamente cumplimentada, con anterioridade ao inicio do período de avaliación de dita oportunidade, seguindo o "Procedemento para a xestión de prácticas externas do estudantado do centro (EPEF)".

Para calcular a nota final, valorarase fundamentalmente o informe do titor profesional: partindo dun 10, restarase 0,3 puntos por cada escalón que baixe de "Excelente" en cada criterio de avaliación. O resultado poderá modificarse en +- 0,5 puntos en función do contido da memoria final de prácticas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións contempladas na normativa vixente (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC).

Non se admite a dispensa académica. A avaliación en 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro) será igual que en 1ª oportunidade.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia será en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos.