Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos Computacionais para os Medios Continuos/730497221
Volumes Finitos en CFD/730497222

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Simulación de Sistemas Mecánicos e Estruturais/730497224

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumno ha de adquirir nos seus estudos anteriores unhas competencias en mecánica de fluídos, elasticidade e métodos numéricos equivalentes ás que se adquiren nun grao de enxeñería industrial.

 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

 

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

 

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

 

1.3. De se realizar en papel:

-Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

 

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

 

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

 

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

 

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.