Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A12 A13 A14 B2 B3 B5 B13 B14 B16 B7 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 C11 Avaliación do proxecto desenvolvido durante o curso mediante un informe e unha presentación oral dos resultados.
100
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada

Para os alumnos tanto de primeira como de
segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado
na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada.

Para poder aprobar a materia, tanto na primera como na segunda
oportunidade de avaliación e na convocatoria adiantada, será preciso obter unha nota igual ou superior a 5
puntos sobre 10 no traballo tutelado.

Cualificación '"Non presentado"

Será
cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non presente o traballo
tutelado no prazo dado polo profesor na respectiva convocatoria. Este
criterio aplicará tanto na primeira como na segunda
oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O
"Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa
situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC"
(Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e
8b).

Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a
avaliación será igual ao resto xa que os traballos tutelados serán
completados fora do horario de clases.

Información adicional

De acordo co artigo 11, apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, o comportamento fraudulento en cualquera dos
apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso
(0)" na avaliación final tanto na primeira como na segunda oportunidade e
independentemente da oportunidade na que se cometese a falta.