Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Aprendizaxe Automática | Código | 730497240 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | B1 B5 B15 B14 B6 C7 C9 C11 | A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a presentación escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na calificación final. É imprescindible obter unha calificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a asignatura. | 25 |
Traballos tutelados | B2 B3 B4 B13 C1 C3 | Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na aplicación de técnicas de aprendizaxe automática en problemas de enxeñaría. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. É imprescindible obter unha calificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a asignatura. | 60 |
Análise de fontes documentais | B3 B5 B14 B6 C11 | Utilizarase parte das sesións maxistrais para facer unha avaliación da comprensión das fontes documentais, que serán proporcionadas polos docentes previamente á clase para a súa consulta e comprensión. Estas avaliacións se realizarán mediante traballos en grupo, pequenos informes, cuestionarios, ou outras metodoloxías que permitan coñecer de xeito obxectivo o grao de análise realizado. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para obter o aprobado nesta materia deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario acadar un mínimo de 30 nos Traballos Tutelados e de 25 na suma da Presentación Oral e a Análise de fontes documentais. No caso de que o alumno non supere a materia na primeira convocatoria, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segunda convocatoria. Como exemplo, se un alumno aprobou a parte da Presentación oral + Análise de fontes documentais, pero suspendeu os Traballos tutelados, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanzar o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados. Evaluación da convocatoria extraordinaria: os alumnos que opten por esta convocatoria deberán realizar as metodoloxías de traballos tutelados e presentación oral, pero non a Análise de fontes documentais. O valor desta metodoloxía súmase na de Presentación Oral, pasando a valer un 40%. E necesario que se poñan en contacto cos profesores ó comezo do cuatrimestre (Xaneiro) para ter un plazo suficiente de entrega. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acumular o 15% da nota correspondente á Análise de fontes documentais na presentación oral en tódalas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuatrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en tódalas convocatorias. No caso de plaxio en prácticas ou traballos docentes entregados, se terá en conta o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |