Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C3 C6 C7 C8 C9 C11 Ao final do período lectivo do cuatrimestre o tutor avaliará o traballo do estudante nunha escala de 0 a 10.

50
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C3 C6 C7 C8 C9 C11 Ao final do período lectivo do cuatrimestre o estudante entregará unha memoria do traballo realizado. O día do exame o estudante realizará unha presentación do traballo ante un tribunal avaliador, que será nomeado polo coordinador da materia. O tribunal avaliador cualificará a memoria e a presentación nunha escala de 0 a 10. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será imprescindible que o estudante:

  • Entregue a memoria en tempo e forma.
  • Realice a presentación do traballo ante o tribunal avaliador.
  • Aprobe a avaliación polo tutor e a avaliación polo tribunal avaliador (cualificación maior o igual a 5 sobre 10 en ambas avaliacións).

Non se admite a dispensa académica. 

A avaliación en 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro) serán igual que en 1ª oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións contempladas na normativa vixente (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC).