Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación de traballos e informes / Avaliación continua
Os traballos presentados contarán un 90% na avaliación e a presentación oral do traballo final un 10%
100
 
Observacións avaliación

As competencias, as datas de entrega e os criterios de
avaliación que se desenvolverán en cada metodoloxía avaliable notificaranse
previamente na aula e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. 

O alumnado que se atope en modalidades específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas
e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as
probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao
de inclusión posible. Se fose necesario, e sempre baixo petición previa do
alumnado, realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación
do mesmo.

As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o
traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe autónoma non  presencial; por tanto o alumnado que se atope
en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as
probas e entregalas durante os  períodos
de tempo sinalados. Se fose necesario, e sempre baixo petición previa do
alumnado, realizaranse as adaptacións necesarias que garantan o seguimento do
contido da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria

Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade
serán os mesmos.