Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B9 B11 B12 B13 B18 Consistirán en xustificar e analizar os modos máis relevantes do comportamento das máquinas eléctricas. 10
Solución de problemas A1 A5 A13 A15 A16 B9 B11 B12 B13 B16 B18 C5 O alumno debe resolver e analizar con pensamento crítico, identificando as necesidades e buscando as solucións correctas, integrando os conceptos adquiridos na materia, os diferentes problemas propostos. 60
Proba práctica A1 A2 A5 A13 A15 A16 B9 B11 B12 B13 B16 B17 B18 C2 Consiste na resolución de diferentes propostas por parte do profesor ou o alumno, onde deberá demostrar as súas habilidades, competencias e coñecementos adquiridos. 30
 
Observacións avaliación
Realizarase nas convocatorias oficiais . Con todo ao longo do curso realizarase un seguimento personalizado valorando o grao de consecución dos obxectivos de por  parte dos alumnos.

Recoméndase o seguimento directo da materia para que sexa posible unha avaliación continua da consecución dos obxectivos.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as convocatorias extraordinarias. As probas similares.

-As probas prácticas consistirán na resolución dun cuestionario posto en moodle, o alumno realizarao conectado á plataforma TEAMS coa cámara conectada en todo momento enfocando ao escritorio, o tempo de realización da proba está limitado.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.