Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B9 B13 B15 C1 Ao longo do curso poderán realizarse varios traballos tutelados, sendo a súa entrega obrigatoria e tratando problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia.

Os traballos tutelados, supoñen o 50% da nota final da materia, que se sumará á nota obtida na proba obxectiva, sempre que sexa cualificada con polo menos 3 puntos sobre 10 puntos.
50
Proba obxectiva B9 B13 Nas datas marcadas oficialmente polo centro realizarase esta proba final.

A proba pode alternar preguntas tipo problema ou preguntas teóricas, e supón o 50% da nota final da materia.
50
 
Observacións avaliación

avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas:

Actividades que se poden realizar durante o período lectivo

:

Traballos tutelados:

      • Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, sendo a súa entrega obrigatoria e que tratasen sobre problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia. Os traballos tutelados, son o 50% da nota final da materia, que será sumada á nota obtida na proba obxectiva, sempre que esta sexa cualificada con polo menos 3 puntos sobre 10 puntos.

Proba obxectiva final:

    • Nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizárase esta proba final. A proba pode alternar preguntas tipo problema ou cuestións teóricas, e representa o 40% da nota final da materia.

Nota: a primeira oportunidade e a segunda se evaluarán cos mesmos criterios.

Condicións adicionais:

Condición de non presentado:
O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.
Convocatoria adiantada:
O alumnado que realice unha convocatoria anticipada será cualificado co 100% da valoración por medio da proba obxectiva.

Dispensa académica:

Os estudantes con dispensa académica deben realizar o 100% das actividades obrigatorias nalgún dos distintos horarios dispoñibles.

Realización fraudulenta:

O alumnado que de forma fraudulenta realice calquera tipo de actividade de avaliación (tanto realizando actividades durante o período lectivo como na proba obxectiva), unha vez comprobado, será calificado automaticamente como suspenso (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, non podendo avaliarse da materia ata a próxima convocatoria do próximo curso académico.