Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A17 B3 B5 B9 B16 C3 C8 Valóranse os traballos realizados polo estudantado en horas presenciais e non presenciais. 50
Prácticas a través de TIC A13 A17 B3 B5 B9 B16 C3 C8 Valóranse as prácticas realizadas polo estudantado en horas presenciais e non presenciais. 50
 
Observacións avaliación

Os criterios e as actividades de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e para as convocatorias extraordinarias.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante
que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades
de avaliación que se establezan para o curso académico.  En ausencia de regulación específica para
cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”:  a) cando non completase o
proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente,
ou  b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.