Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B7 Realización dunha memoria individual ou grupal das prácticas realizadas ou dun traballo monográfico dun dos temas da materia elixidos polo alumno e consensuado co profesor.
O 50% da cualificación desta metodoloxía corresponderá á participación e asistencia a clase.
30
Proba mixta B5 B7 Exames parciais de carácter eliminatorio sempre e cando a nota sexa igual ou superior a cinco.
Exame final.
Para sumar a puntuación debida a asistencia a prácticas e as clases maxistrais é necesario sacar no exame final unha nota igual ou superior a catro.
70
 
Observacións avaliación

A asistencia a totalidade das prácticas é requisito imprescindible para poder aprobar a asignatura. Os estudantes que non superen unha ou varias probas de seguimento fixadas ao longo do cuadrimestre realizarán o exame final con todo o contido da materia.

Na convocatoria da segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira.

Nesta materia non se admite dispensa académica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O sistema de avaliación na segunda oportunidade manterase igual ao da primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA

Nesta convocatoria a avaliación constará de dúas partes:

  • Unha
    proba mixta de características similares e iguais requisitos de
    superación que a definida para primeira e segunda oportunidade cunha
    ponderación na calificación final do 70 %.
  • Unha proba de prácticas cunha ponderación do 30 % na calificación final

Para
poder superar a materia será imprescindible obter un 5,0 sobre 10 en
cada unha das partes.