Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero - Os traballos documentais dos seminarios da materia solicitaranse en formato informático
- Toda a información da organización da materia así como o temario estará disponible no Campus virtual en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase:
- Impresións a dobre cara
- Empregar papel reciclado
- Como parte dos valores da materia traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da facultade ou da clínica universitaria)
|