Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización de traballos en grupo de temas sinalados polo profesor. Realizarase unha tutorización continua do proceso de documentación, redacción, elaboración escrita do traballo e exposición do mesmo.
Os traballos serán expostos na aula ante todos os alumnos matriculados na materia e os contidos formarán parte do coñecemento a avaliar no exame final.

Estudo de casos O estudo da Unidade diactica III irá vinculado a metodoloxía de estudos de casos. O alumno deberá recoñecer as diferentes patoloxías sistémicas con repercusión podolóxica analizando síntomas e signos, así como datos de probas complementarias facilitadas. A materia dos casos, será avaliada no exame final.

Proba mixta Proba ou exame final, que poderá integrar preguntas tipo redacción e/ou preguntas tipo obxectivo. En canto ás preguntas de redacción, recompila preguntas abertas de desenvolvemento. As preguntas obxectivas serán preguntas de opción múltiple onde só 1 é correcta. As preguntas obxectivas pódense formular noutro formato a criterio do profesorado.
Presentación oral Exposición oral na aula dos traballos tutelados coa utilización dos medios necesarios.

Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.