Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Seminario Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará os seus coñecementos teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes seminarios.
Prácticas clínicas Nas prácticas clínicas o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo. Ditas prácticas consistirán en prácticas de simulación clínica na Facultade e prácticas clínicas con pacientes reais na CUP. Ó comezo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes días de prácticas e instalacións onde se levarán a cabo, así como o material e indumentaria necesario.
Traballos tutelados O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Proba práctica A proba práctica consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos para a súa resolución, cun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado.
Proba obxectiva A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas clínicas