Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. 10
Estudo de casos A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento.
Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán:
1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos.
2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso.
3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan
4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto.
5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate.
A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación).
40
Proba mixta A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. 40
Sesión maxistral A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. 10
 
Observacións avaliación

Para os estudantes matriculados de forma ordinaria, o 40% da avaliación da materia depende, tal como se indica na táboa, tanto do exame mixto, realizado por escrito e que combina preguntas de diferente natureza e alcance. Outro 40% corresponderá á elaboración e presentación de traballos de estudo de casos. Resérvase un 10% da cualificación para a avaliación continua das sesións maxistrais e interactivas. O 10% final corresponderá á avaliación continua das sesións prácticas.

Para aprobar a materia será necesario cumprir coas seguintes condicións:

Ter asistido a un mínimo do 70% das sesións prácticas. A estes efectos, non se terán en conta as ausencias debidamente xustificadas por cuestións de saúde.

Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen achegar a correspondente xustificación.

Obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 no exame ou proba mixta. Este exame terá, en xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora.

Asignarase a cualificación de "Non Presentado" aos estudantes que non se presenten ao exame ou proba mixta, independentemente de que se conserve a cualificación obtida na avaliación continua do bloque práctico e interactivo, así como no estudo de casos.

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para o alumnado con matrícula a tempo parcial.

DISPENSA ACADÉMICA: dado o carácter práctico, aplicado e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima ao alumnado da asistencia ás sesións prácticas e de seminario/interactivas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: non se contemplan metodoloxías de avaliación diferentes para a segunda oportunidade.

SEGUNDA MATRÍCULA: para os estudantes de segunda matrícula e posteriores, incluíndo a oportunidade anticipada, poderase conservar previa solicitude a cualificación obtida nos apartados de avaliación continua do bloque práctico e interactivo, así como no estudo de casos, sempre que estas resultasen aprobadas en cursos académicos anteriores. No caso contrario, ditos apartados serán avaliados a través dun exame práctico que terá un valor igual ao 60% da cualificación da materia.

MATRÍCULA DE HONRA: os estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9/10 poderán optar á mención de Matrícula de Honra, de acordo cos límites establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario" da UDC. A matrícula de honra será outorgada en todo caso ás cualificacións globais máis altas.

PLAXIO: na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.