Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer.
Obradoiro O alumno traballará de xeito práctico coas aplicacións de software requiridas, co fin de consolidar as súas habilidades nos procedementos incluídos no fluxo de traballo de fabricación aditiva.

Unha parte importante do traballo práctico do alumno debe realizarse de forma independente ou en grupo, pero sempre supervisada polo profesor.

Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Proba práctica A proba será fundamentalmente práctica e consistirá na resolución dun certo número de casos prácticos análogos aos traballados durante o curso