Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A15 A25 B1 B2 B4 B5 B9 C1 C3 C6 A proba que se realizará ao final do curso, nas correspondentes convocatorias oficiais, onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dunha maneira obxectiva. Constarán de casos prácticos, que o alumno deberá resolver xustificando sempre a resposta, sendo esta condición indispensable para que a resposta sexa aceptada como correcta. 50
Solución de problemas A4 A5 A15 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 Trátase de casos prácticos a proposta do profesor, que deberá resolver e explicar mediante unha exposición oral. 40
Prácticas de laboratorio A4 A5 A15 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 Realizaranse montaxes relacionadas co explicado previamente 10
 
Observacións avaliación
Realizarase nas convocatorias oficiais . Con todo ao longo do curso realizarase un seguimento personalizado valorando o grao de consecución dos obxectivos  por  parte dos alumnos.

Recoméndase a asistencia a clase, para que sexa posible un seguimento da consecución dos obxectivos.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as probas similares.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.