Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A5 A7 A8 B5 C6 Esta avaliación consiste nun exame sobre coñecementos avanzados de SolidWorks.
Poderá constar de unha ou máis partes.
Para superar a materia non é necesario aprobar este exame.

Debido á duración das distintas partes deste exame e as limitacións de tempo existentes nas convocatorias oficiais, algunhas partes deste exame só poderán ser realizadas polos estudantes se previamente superaron a proba práctica "coñecementos básicos de SolidWorks" no intento que se realizará durante o período de clases, antes do período de exames.

20
Solución de problemas A5 A7 A8 A9 B5 Esta avaliación consiste nunha avaliación continua.
Publicarase en Moodle o calendario de exercicios a realizar e as datas de entrega. A puntuación total desta parte é a suma de puntos obtidos nos exercicios entregados ao longo do curso.

Parte dos exercicios realizaranse en clase coa axuda dos profesores.
O resto dos exercicios realizaranse fora da clase, habitualmente con axuda de video-titoriais.
50
Proba práctica A5 A7 A8 B5 C6 Esta avaliación consiste nun exame sobre coñecementos básicos de SolidWorks.
Aprobar este exame é requisito imprescindible para superar a materia e para poder presentarse á outra proba práctica (examen avanzado de SolidWorks).

Se se suspende este exame, será cualificado cun 0 e a nota máxima na materia non poderá superar o 4,5 independientemente da suma de puntuacións obtiva no resto de probas avaliadas.
30
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é voluntaria e non se avalía, pero recoméndase asistir para aproveitar ao máximo a materia.

Segunda oportunidade (xullo) e convocatoria adiantada (decembro): Só se repetirá as probas prácticas (exames). A nota obtida por solución de problemas será a obtida na avaliación continua durante o curso, sen posibilidade de entregar de novo estos exercicios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións previstas na normativa vixente.

Non se acepta dispénsaa académica, xa que a asistencia a clase é voluntaria.

Os estudantes a tempo parcial serán avaliados igual que os estudantes a tempo completo, xa que a asistencia a clase non é obrigatoria.