Prácticas de laboratorio |
A27 A28 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C4 C7 |
Realización das prácticas e entrega de informe/resultados. |
40 |
Ao igual que o
resto das materias do Máster, a avaliación realizarase de forma continuada
durante as semanas asignadas á docencia presencial, pero o alumno ten dereito a
realizar unha proba global de avaliación para a cal deberá comunicarllo
previamente. A proba obxectiva, escrita, da primeira oportunidade representara
o 40% da nota final e realizarase á finalización da impartición da materia
o en calquer outro día acordado. A segunda oportunidade para superar a materia
realizarase no mes de Xullo. As prácticas de laboratorio e a entrega da memoria
de prácticas representa un 40% da nota e a participación en clase e resolución
de problemas corresponde a un 20% da nota final. Terán prioridade para
optar a Matrícula de Honra aqueles alumnos que se presenten na primeira
oportunidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, ou a detección de plaxio nalgunha delas, implicará que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|