Seminario |
Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable. |
Estudo de casos |
Haberá 3 sesións de prácticas nas que se formularán distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais, que cada alumno resolverá individualmente ou en grupos. Ademais está prevista unha saída ao campo. Esta pode ser unha visita á unha das antiguas minas de lignito de Galicia, onde se ve in situ un proceso de restauración ecolóxica coas súas vantaxes e limitacións; ou ben unha visita a Terra Chá (Lugo) para discutir cómo as modificacións dos usos agrícolas interferen/afectan a unha poboación ameazada, como é o caso do sisón Tetrax tetrax. A asistencia é obrigatoria. |