Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 B2 B6 B7 C3 C8 As horas de seminarios contarán con mecanismos de avaliación dos progresos do alumno. Esta avaliación reflictirase no 10% da nota final. 10
Prácticas a través de TIC A7 B2 B6 B7 C3 C7 C8 C9 Ó longo do curso realizaránse prácticas, por valor acumulado máximo do 40% da nota final.
Cada práctica avaliarase mediante un cuestionario nos días posteriores á elaboración da mesma.
40
Proba mixta A7 B2 B3 B4 B6 B7 B11 C3 C6 C9 O exame final constará de cuestións teóricas, e de varios exercicios de posta en práctica das competencias adquiridas.
O devandito Exame Final terá un valor máximo do 50% da nota final.
50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba mixta, seminarios e prácticas. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 puntos na proba mixta. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba mixta. 

A asistencia ás clases de prácticas e seminarios é obrigatoria para aprobar a materia.

Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a proba de avaliación dalgunha práctica ou se se presenta a algún seminario evaluable ou se se presenta á proba mixta.

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas e seminarios. Os alumnos que se presenten a esta segunda oportunidade deberán realizar a proba mixta. Opcionalmente, poderán presentarse novamente as probas de avaliación das prácticas na segunda oportunidade, sendo a nota acadada nesta segunda oportunidade a que prevaleza para cada práctica, sen importar se é maior ou menor que a acadada na primeira oportunidade. De non presentarse á proba de avaliación dalgunha das prácticas, manterase a nota obtida na primeira oportunidade.

No caso de suspender a asignatura, de acadar na avaliación conxunta das prácticas unha nota igual ou superior a 5, poderase gardar para o curso posterior unha calificación de aprobado (5) no apartado de Prácticas se o/a alumno/a así o desexa. Os alumnos que se acollan a esta posibilidade quedarán eximidos da asistencia ás clases de prácticas. As calificacións de prácticas non se gardarán máis de un curso académico. A nota de seminarios non se gardará para cursos posteriores, debendo o alumno realizar as actividades correspondentes a este apartado novamente.

Matrícula con dispensa académica
No caso dos alumnos con matrícula con dispensa académica elimínase a obligatoriedade de asistencia ás clases de prácticas e seminarios. As prácticas deberán avaliarse nas datas establecidas ou buscar unha data o máis próxima posible. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecemento do/a profesor/a a súa circunstancia.