Prácticas de laboratorio |
No laboratorio levará a cabo a resolución de casos prácticos que incluirán unha serie de actividades individuais ou en grupos reducidos para que o/a estudante aprenda a manexar diversas técnicas utilizadas na nanotecnoloxía ambiental. Realizarase unha monitorización en continuo de nanopartículas no aire ambiente nas instalacións do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). O alumnado deberá elaborar unha memoria cunha análise crítica e detallada do traballo realizado. Contémplase a visita a unha empresa do sector de tratamento da auga. |
Sesión maxistral |
Impartiranse os contidos teóricos fundamentais de cada un dos temas empregando medios audiovisuais e/o informáticos. Fomentarase o diálogo e a participación para a correcta comprensión da materia con exemplos prácticos e estudo de casos. Para o seu mellor aproveitamento, o alumnado dispoñerá no Campus Virtual dos materiais docentes de cada tema. |