Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Nanofabricación | Código | 610G04040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||||||||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Para garantir as condicións de seguridade no laboratorio, durante o desenvolvemento da materia utilizarase un "caderno de laboratorio", preferentemente en formato físico. Non obstante, a entrega de traballos poderase facer en soporte informático. Recomendacións de Sustentabilidade, Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero. Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus da Facultade de Ciencias". 1.- A entrega dos traballos documentais realizados nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3.- Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades no acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 4.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase no entorno para modificálos e fomentar valores de respecto e igualdade. Do mesmo xeito, se se identificaran situacións adversas por razón de xénero, tomaranse medidas para corrixilas. 5.- Enténdese que o alumnado universitario debe ter as capacidades lingüísticas asumidas en relación coa expresión oral e escrita. Por iso, será primordial e realizarase de forma obrigatória a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. |