Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas Externas | Código | 610G04046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Resumo | Memoria do traballo realizado durante o período de prácticas. Debe constar das seguintes partes e pola citada orde: 1. INDICE (Debe de recoller os documentos dos que consta o informe) 2. DATOS DO ALUMNO 2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico) 2.2 Indicar se a memoria foi revisada pola empresa e as condicións de confidencialidade requeridas pola mesma. 3. DATOS DA EMPRESA 3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...) 4. RESUMO DAS PRÁCTICAS 4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas. 5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS 5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo. 5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado. 5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron. 5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc... 5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal. 6. CONCLUSIÓNS 6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica. 6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica. 6.3 Valoración do nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal. 6.4 Declaración de responsabilidade do alumno (modelo Anexo I). 7. BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN (Bibliografía citada no texto, incluidos os recursos electrónicos) |
Traballos tutelados | A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións: 1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo. 2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo. 3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación. |