Descrición xeral |
O Traballo de Fin de Grao (TFG) supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria, un informe ou un estudo concreto, baixo supervisión académica (cando menos unha das persoas que titorizan / dirixan o traballo debe pertencer a un departamento con docencia no Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía). A materia posibilita ao estudante a integración dos coñecementos e habilidades adquiridos durante os seus estudos de grao, con espírito crítico e autonomía. Ademais, permite avaliar a madurez do estudante respecto ao manexo de fontes bibliográficas e a súa capacidade de presentación de resultados, utilizando un deseño e linguaxe apropiados, tanto oral como escrito. |