Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas Econométricas | Código | 611532003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A4 A1 A3 B2 B5 C5 C9 C10 | Exercicio individual | 15 |
Proba obxectiva | A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C10 | Exame escrito | 40 |
Aprendizaxe colaborativa | A4 A1 A3 A8 A10 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 | Traballo en grupo | 45 |
Observacións avaliación | |||
No curso académico 2023/2024, a materia dividirase en dúas partes interconectadas. A primeira delas será impartida por docentes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e terá lugar tamén en primeiro lugar no tempo. Con información de xullo de 2023, esta primeira parte correspondería aos temas 1, 2 e 5. A segunda parte (temas 3 e 4) sería impartida pola docente da Universidade da Coruña (UDC). Os docentes de cada unha das partes levarán a cabo as súas proprias actividades de avaliación, tanto continua como proba obxectiva. Así, os docentes da USC desenvolverán as actividades de avaliación continua que estimen pertinentes en relación á parte da materia que imparten, e a correspondente proba obxectiva; as primeiras actividades ponderarán un 60%, mentras que a segunda, un 40%. De xeito similar, a docente da UDC levará a cabo actividades de avaliación continua de dous tipos (ver cadro) en relación aos temas que imparte, e unha proba obxectiva relativa únicamente a esta parte. No caso da segunda oportunidade de avaliación, e coa fin de garantir a posibilidade de superación da materia consonte ás "Normas de avaliación, revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" establecidas pola UDC, o/a estudante poderá repetir tanto a actividade de proba obxectiva ou exame (ponderación, 40%) como as actividades da análise de fontes documentais (ponderación, 15%) e a aprendizaxe colaborativa (45%) referidas ao segundo bloque da materia. Para a primeira actividade existe unha data oficial de exame, mentras que para as dúas restantes se establecerá un procedemento de realización (e adaptación das mesmas) e entrega antes do comezo deste período de avaliación. Igualmente, o/a estudante debe coñecer que as calificacións obtidas nestas actividades na segunda oportunidade de avaliación substitúen a todos os efectos as acadadas na primeira oportunidade, de ser o caso. Importante: as actividades de avaliación continua específicas que figuran no cadro (exercicio e traballo) son exclusivas da parte que imparte a docente da UDC. Outras observacións da avaliación A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |