Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Proba mixta |
Proba obxectiva, de ensaio ou unha combinación de ambas, a realizar na data prevista polo centro para o exame final. |
Proba obxectiva |
Proba intermedia de resposta múltiple orientada a avaliar os avances do alumnado coa materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |